CD BarcoDeportesEn portadaFútbolUD OurenseÚltima hora

Táboas en Calabagueiros no segundo test de nivel da pretempada para o CD Barco

Co 1-1 remataba o partido entre o Barco e a UD Ourense na tarde deste 17 de agosto

 

Tralo parón estival, aínda que o equipo leva xa un par de semanas adestrando, a afección barquense ten ganas de fútbol e sobre todo de ver en acción ao novo equipo co que o CD Barco competirá na tempada 2022/2023.

 

 

Por iso era numeroso o público que, na tarde deste mércores 17 de agosto, asistía no campo municipal de Calabagueiros ao segundo partido amigable da tempada (o primeiro en casa) ante a UD Ourense, recén ascendida a 3ª RFEF.

 

 

Trala vitoria 1-2 hai uns días no campo da Sarriana, os rapaces de Javi Rey fixeron os deberes e, malia non poder vencer, deixaron un bo sabor de boca entre o público co empate a uns no marcador.

 

O once titular do CD Barco estivo formado por Aitor Arias, Iago López, Konaté, Andrés Calvo, Juan Barbeiro, Jesús Barbeito, Júnior, Manu Rodríguez, Jorge Cortés, Javi Pazos e Jaime Almagro, sedo o porteiro, Aitor, o primeiro protagonista da tarde cunha gran parada que os levaba ao descanso co 0-0.

 

 

Xa na segunda metade, no minuto 50, chegaba o gol local obra de Javi Pazos, e só catro minutos despois marcaban os ourensáns poñendo o 1-1. Na recta final, o outro porteiro barquense, Pacho, impedía coa súa intervención a vitoria visitante, chegando o final do encontro co empate.

A seguinte cita para os vermellos será o 19 e 20 de agosto en Francelos no triangular entre Rádido de Bouzas, Francelos CF e CD Barco.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button