EconomíaEconomíaEn portadaÚltima hora

Tamara Pérez presentará a Pasarela de Moda do Centro Comercial Aberto O Barco

Un total de dezaseis establecementos participarán neste evento que se celebra o sábado 27 de abril

Imaxe da pasada edición da pasarela de moda do CCA./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A Pasarela de Moda, organizada pola asociación Centro Comercial Aberto (CCA) O Barco, segue cumprindo anos e faio “atraendo a numerosos clientes do comercio de proximidade co obxectivo de promocionar o sector barquense”, tal e como destacan dende a asociación.

O evento, que se celebrará o vindeiro sábado 27 de abril na céntrica rúa Academia Dequidt do Barco de Valdeorras, será presentado pola presentadora da TVG, actriz de dobraxe e cantante Tamara Pérez. Desde as oito da tarde, máis dun centenar de modelos de todas as idades, veciños e veciñas da zona e de fóra da comarca, subiranse á pasarela coas novidades do sector téxtil e complementos da tempada primavera/verán.

 

 

En total, serán dezaseis comercios asociados ao CCA O Barco os que se suman ao evento: Pizpireta, Multiópticas, Baamonde, Miranda X, Eneska, Trios 2.0, N37, Garoba, Can-Can, Ana Óptica, Anímate e Montglam en moda e complementos de adulto. E Casabella, Koki, Marylebone, e O Bambán dos Sorrisos, en moda e complementos infantís.

A acción, que é unha das máis importantes do programa de actividades do CCA O Barco, está subvencionada integramente pola Deputación de Ourense, e conta coa colaboración e o apoio do Concello do Barco.

Artigos relacionados

Back to top button