ConcellosO BarcoÚltima hora

Tanxugueiras, as cantareiras preferidas polos fans de Eurovisión, o 13 de novembro no Barco

Actuarán no marco da celebración do San Martiño, no que, tras un ano de parón, recupérase o magosto de Viloira

Tanxugueiras.

 

A súa actuación estaba prevista inicialmente para o 14 de setembro, pero pero suspendíase. Agora o Concello do Barco reprograma o concerto de Tanxugueiras para o vindeiro 13 de novembro ás 20:30h. na praza Andrés de Prada.

Estas cantareiras do século XXI, cuxo directo é pura enerxía e potencia, conquistaban aos fans de Eurovisión co seu xeito de fusionar tradición e sonoridades urbanas e modernas. O seu tema, “Figa”, impoñíase na “Elección Interna 2022”, unha enquisa anual entre os socios e lectores do portal Eurovisión-Spain.com, convertendo á banda de folk galego na favorita dos fans de Eurovisión para representar a España na vindeira edición de 2022.

As voces de Aida, Olaia e Sabela ligan en harmonía, naturalidade e mestría alalás, músicas e letras. Con ou sen pandeiretas, o seu son expándense alén do escenario para transformar o recital nunha festa, cun repertorio que se move entre pezas íntimas e de corte tradicional con himnos que abandeiran causas.

Este concerto enmárcase na celebración do San Martiño do Barco, xunto co de Susana Seivane (tamén suspendido no Cristo), que tará lugar o 12 de novembro ás 20:30h. na praza Andrés de Prada.

 

 

Magosto en Viloira, o día 11 de novembro

Tras o obrigado parón do 2020 pola pandemia, Viloira recuperará a celebración do seu magosto o vindeiro 11 de novembro na praza a partir das 19h. A degustación de castañas estará acompañada pola actuación do grupo de cantos de taberna da Asociación Cultural Abertal.

Artigos relacionados

Back to top button