En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Tarde de festa para o C.D. Rúa no campo do Aguillón

O equipo sénior homenaxeaba aos benxamíns, campións de liga, e goleaba ao Amoeiro CF

Orgullo é o que senten, tanto a directiva como corpo técnico e por suposto xogadores do C.D. Rúa polos máis pequenos do club, especialmente o equipo benxamín B, polo título de liga que conseguía hai unhas semanas. Por iso, na tarde do 22 de abril, o campo rues do Aguillón vestiuse novamente de gala para eles.

Antes de comezar o partido de afeccionados correspondende á xornada 29ª en segunda autonómica, os xogadores do C.D. Rúa e do Amoeiro CF facían o pasillo aos pequenos que saudaban orgullos a cada un dos xogadores e despois, xa no medio do campo, a toda a afección presente, retirándose orgullosos ás bancadas para desfrutar do encontro.

Un partido no que os rapaces de Javi Ferrer despregaron o seu mellor xogo, goleando ao rival e meténdose de cheo na promoción de ascenso. Carlos adiantaba aos rueses no minuto 24 e houbo que esperar ata o 68′, xa na segunda parte, para que Roberto marcase o segundo local. A partires de aí, e en só seis minutos, o Rúa sentenciaba cos goles de Miguel, Wilber e Diego.

Co 5-0 e os tres puntos en xogo, os amarelos mantéñense no cuarto posto da clasificación, a tres do terceiro, o Santa Teresita. O último partido regular, xogarano a vindeira fin de semana no campo do Ribadavia.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button