DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Tarde de fútbol con goleada, no campo do Aguillón

Os prebenxamíns do CD Rúa venceron 10-2 aos do CD Fabero no amigable disputado na tarde do 27 de maio

A competición regular rematou, pero campo Novo Aguillón segue acollendo grandes tardes de fútbol, como a vivida o sábado 27 de maio.

Despois de disputar unha boa campaña na Copa Deputación, os prebenxamíns do CD Rúa enfrontábanse aos do CD Fabero nun parrtido amigable que comezaba ás catro da tarde con claro dominio local. Ás ordes do adestrador, Luis Ferrer, o equipo mixto do Rúa fixo gala dunha excelente forma física vencendo aos bercianos por un contundente 10-2.

Malia a goleada, neste tipo de encontros o resultado é o de menos. O importante é que os cativos xoguen, desfruten e aprendan valores como o compañeirismo e traballo en equipo.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button