ConcellosO BarcoÚltima hora

Teatro, cine e unha concentración, entre os actos do Barco polo 8M

 

Dende o Concello do Barco vén de facerse público o programa de actos previstos para conmemorar o Día da Internacional da Muller, o vindeiro 8 de marzo. Nelas inclúense proxeccións de cine, teatro, unha concentración e a iluminación da fachada do Concello.

O programa completo é o seguinte:

Do 3 ao 31 de marzo:
-Ciclo de cine “MULLERES NO CINE”, no Teatro Lauro Olmo, coa colaboración do Cineclube Groucho Marx.
Xoves 3 de marzo: “Coda”.
Xoves 10 de marzo: “La ola verde”.
Xoves 17 de marzo: “Alegría”.
Xoves 24 de marzo: “Chavalas”.
Xoves 31 de marzo: “El viaje de sus vidas”.

Venres 4 de marzo, 21,00 horas:
-Representación teatral: “O Benquererse”, Un espectáculo sobre Igualdade de Aldaolando
Teatro Lauro Olmo: Entrada en balde, ata completar aforo.

Martes 8 de marzo, ás 12,00 horas:
Concentración, na Praza do Concello con motivo do día da Muller
Lectura de manifestos. Micrófonos abertos a tódalas asociacions de mulleres
Lectura de declaracións dos institutos de ensino secundario: IES Lauro Olmo, IES Martaguisela; Colexio Divina Pastora.
Lectura da declaración institucional do Concello.

O edificio da Consistorial estará iluminado de xeito especial para este día.

Artigos relacionados

Back to top button