CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Teatro na Biblioteca de Verín cos personaxes de Scooby-Doo

Unha veciña de Verín, María Silva Lousada, é raptada por un misterio monstro de cores. O caso chega a mans de Fred Jones, Daphne Blake, Vilma Dinkley e Shaggy Rogers, que xunto ao seu can, Scooby Doo, deciden poñerse mans á obra e resolver o misterio.

Así arrancaba a peza teatral “Scooby-Doo e o misterio da costureira”, que se representaba na Biblioteca Municipal de Verín na tarde do 6 de xuño da man dos seus voluntarios e tamén do persoal desta instalación. O texto da obra foi escrito por Noelia Gallego Campos, estudante de 4º da E.S.O. e tamén voluntaria da biblioteca. Nela readaptaba aos personaxes da mítica serie televisiva nun argumento que tiña escrito fai un ano.

Fotos: Concello de Verín.

Artigos relacionados

Back to top button