EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Todo a punto en Punxeiro (Viana do Bolo) para celebrar a XVI Festa da Vendima o 12 de outubro

Quince adegas abrirán as súas portas nesta edición ofrecendo brancos e tintos acompañados de deliciosos petiscos nun ambiente festivo moi especial

Foto: Arquivo Carlos G. Hervella.

 

Conta atrás en Punxeiro (Viana do Bolo) para celebrar a XVI Festa da Vendima-Ruta das Adegas, prevista para mañá 12 de outubro e mantendo un esquema moi similar ao de anos anteriores. Quince adegas abrirán as súas portas nesta edición, que se iniciará a partir das 19h. tendo como punto de partida a praza da localidade. Aquelas persoas que non teñan adquirido entradas poden facelo o mesmo día da festa nun posto á entrada da localidade (a partir das 17h.).

A cita incluirá degustación do viño novo e petiscos típicos da zona nas diferentes adegas do pobo. O percorrido estará animado polas charangas Sorcha, Charanga Nova de Trives e BBB.

Despois, a festa continuará ao ritmo da orquestra La Ocaband e La Banda de Ayer. A celebración estará novamente organizada pola Comisión de festas de Punxeiro coa colaboración do Centro de Animación da localidade, así como co apoio doutras entidades como o Cocenllo de Viana do Bolo.

Como en anteriores edicións, a organización contará cun servizo de autobuses para facilitar que os participans poidan achegarse ata Punxeiro sen necesidade de usar os seus vehículos.

Artigos relacionados

Back to top button