En portadaÚltima hora

Todo a punto para o VIII Viñotapeo de Quereño (Rubiá), na tarde do 11 de maio

Unhas dez adegas abrirán as súas portas neste percorrido gastronómico e festivo que implica ao conxunto da veciñanza

Membros da organización coas tazas e entradas, na pasada edición do Viñotapeo./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Conta atrás para o VIII Viñotapeo de Quereño (Rubiá). Este percorrido gastronómico e festivo que se desenvolve polas rúas da localidade e que cada ano atrae a máis participantes terá lugar o sábado 11 de maio a partir das 20h. Nesta edición contará con dez adegas de diferentes barrios nas que se ofrecerá ao público viño e outras bebidas, xunto con variados e saborosos petiscos. Serán as do Barrio do Regueiro, A Currelada, O Quintairo, A Igrexa, As Cortiñas, A Teixeira, A Estación I, A Estación II, A Estación III e a Estación IV. Ademais o ambiente estará animado pola música dunha charanga.

 

Participantes na pasada edición./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A entrada para poder participar neste Viñotapeo será de 10 euros e con ela entregarase unha taza e un pano. O punto de venda situarase, como en anteriores edicións, á entrada de Quereño esa mesma tarde.

Finalizado o traxecto, pasadas as once da noite, servirase café e bica para os participantes na zona da pista. Ademais haberá unha fin de festa con discomóbil. Esta singular celebración será organizada, un ano máis, pola Comisión de Festas de Quereño coa especial colaboración da veciñanza desta localidade valdeorresa.

Artigos relacionados

Back to top button