Os santos oficios comezarán ás sete e media deste Venres Santo e, seguidamente, terá lugar a procesión do Santo Enterro
Entre cultos máis destacados da Semana Santa na parroquia ruesa de Santo Estevo está o desencravo, que vén precedido polos santos oficios e polo Sermón das Sete Palabras. Un a un, vánselle quitando os cravos á imaxe de Xesús crucificado, para loga facelo descender da cruz.
Estes actos relixiosos está previsto para esta tarde de Venres Santo a partires da sete e media. Despois, terá lugar a procesión do Santo Enterro.
Fotos: Carlos G. Hervella.