ConcellosO BarcoÚltima hora

Trasladada unha persoa ao hospital tras un accidente na rúa Ourense do Barco

 

Rozando as 12:30h. deste martes 21 de novembro unha persoa que circulaba á altura do paso de peóns da rúa Ourense, á altura do Paseo do Malecón do Barco, sufría unha caíada e resultaba ferida. Neste momentos descoñécense oficialmente as circunstancias da caída e, se nela, puido verse involucrado algún vehículo ou non.

Ata o lugar do sinistro desprazábanse de inmediato a Policía Local do Barco, os efectivos do GES Valdeorras e o 061 Urxencias Sanitarias. A persoa ferida trasladada ao Hospital Pública de Valdeorras para recibir atención sanitaria.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button