OurenseÚltima hora

Trasladado ao hospital tras recibir o golpe dun touro cando ía mercar gando nunha explotación da Mezquita

 

Un traballador autónomo recibía esta mañá un golpe dun touro cando ía mercar gando nunha explotación da Mezquita, segundo vén de informar o 112 Galicia. A persoa era evacuada ao Hospital de Verín cunha ferida aberta.

“O 112 Galicia recibiu información sobre o suceso pouco antes das nove desta mañá, cando o afectado dispoñíase a mercar gando nunha explotación gandeira de Chaguazoso. No momento de cargar o animal, un touro, este deulle un forte golpe que lle provocou unha ferida aberta. Por iso, o persoal do 112 pediu a colaboración dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, ademais dos axentes da Garda Civil e dos voluntarios de Protección Civil”, segundo a información feita pública polo 112 Galicia.

Finalmente, o ferido foi trasladado ao hospital para continuar o tratamento das lesións provocadas polo animal.

Artigos relacionados

Back to top button