A Denominación de Orixe Valdeorras sumaba un total de tres galardóns no Concours Mondial de Bruxelles. En concreto eran tres medallas de prata, no apartado de viños tranquilos, que lle correspondían a: A Cercada Branco 2023 (Adega Santa Marta), A Coroa 2023 (da adega do mesmo nome) e a Joaquín Rebolledo Godello 2023.
Dende a D.O. Valdeorras destaca que esta denominación foi a máis premiada das catro ourensás neste prestixioso certame internacional.
