Tres membros do Grupo de Emerxencias Supramunicipais (GES) Valdeorras, Diego, Jose e Fidel, desprazábanse a comezos desta semana á Comunidade Valencia para participar nos labores de limpeza e axuda á poboación afectada pola DANA.
“Agora estamos en Alfafar, facendo búsquedas e achique dos garaxes”, explican. “En principio estaremos ata venres, sábado ou domingo. Aquí hai moito movemento, a xente colabora e valora todo o traballo que facemos, pero máis é de valorar o seu ánimo e esperanza”.
Así mesmo estes tres integrantes do GES agradécenlle ao alcalde do Barco, Alfredo García, que “en todo o momento valorounos e respectou a nosa a opción de vir ata aquí a botar unha man”. Destacan que Alfafar “é unha localidade como O Barco, que tivo que sufrir desgrazas como incendios forestais, que é bo agradecer, axudar ás demais persoas como cando nos axudan nos grandes incendios forestais que tivemos. Aquí toda axuda é pouca. A nosa intención é aportar un pequeno gran do Barco nestas situacións”.
Fotos cedidas.