Dende a Consellería de Sanidade vén de notificarse o falecemento nas últimas horas en Galicia de 7 persoas que foran diagnosticadas por coronavirus, tres delas na provincia de Ourense. Trátase de dúas mulleres de 97 e 98 anos; e dun home de 101 anos, falecidos na residencia Os Gozos de Pereiro de Aguiar. Todos eles presentaban patoloxías previas.
Ademais perdían a vida un home de 104 anos que estaba ingresado no Hospital Universitario Lucus Augusti; unha muller de 92 anos que estaba ingresada no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, e dous homes de 86 e 78 anos, que tamén estaban ingresados neste mesmo centro. Os catro presentaban tamén patoloxías previas.