OurenseÚltima hora

Tres persoas excarceradas dunha furgoneta tras colisionar cun camión na A-52, en Monterrei

 

Uns minutos antes das 17:30h. deste venres producíase unha colisión entre unha furgoneta e un camión no punto quilométrico 167 da A-52, ao seu paso por Monterrei. Tres persoas que viaxaban na furgoneta foron excarceradas polos Bombeiros de Verín e de Xinzo de Limia, e, deseguido, trasladadas polo persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Ourense ata o lugar do accidente, segundo informa o 112 Galicia.

Para este accidente dende o 112 Galicia solicitouse a intervención dos servizos sanitarios, dos Bombeiros de Verín e de Xinzo de Limia, da Garda Civil de Tráfico e do servizo de mantemento da vía de circulación.

Artigos relacionados

Back to top button