OurenseÚltima hora

Tres persoas resultan feridas nun choque entre 2 vehículos en Muíños

 

Arredor das 16 horas desta tarde producíase un accidente de tráfico na OU-1202, no lugar de Mugueimes (Muíños). Batían frontalmente dous vehículos e, como consecuencia do sinistro, resultaban feridas tres persoas, segundo informa o 112 Galicia.

Nese momento, o 112 Galicia foi alertado do choque por unha persoa particular. De xeito inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia requiriron a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou a un helicóptero medicalizado.

As tres persoas feridas foron trasladadas ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, unha delas na aeronave.

Tamén, o persoal do CIAE 112 Galicia puxo a situación en coñecemento do GES de Muíños, da Garda Civil de Tráfico e do GES de Lobios.

Artigos relacionados

Back to top button