DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Tres puntos máis para os séniors do C.D. Rúa

O conxunto rues permanece invicto trala vitoria 5-2 co C.D. Palmes no campo do Aguillón

Dunha dobre sesión de fútbol desfrutaban os afeccionados rueses na tarde do 6 de outubro. Primeiro xogaban os alevíns que perdían por 1 gol a 7 e de seguido saían ao terreo de xogo os séniors que sumaban unha nova vitoria tras vencer por 5 goles a 2 ao C.D. Palmes.

Cun inicio de partido con claro dominio dos locais, era Álex quen abría o marcador co primeiro gol no minuto 16, chegando ao descanso co 1-0. Tralo paso polo vestiario, Armando marcaba o segundo para o Rúa e un minuto despois tamñen marcaban os ourensáns. Co 2-1, era Lora que aumentaba a diferenza no 68′. Cinco minutos despois marcaba Juan e finalmente Armando volvía marcar. Co 5-1 no marcaror, os visitantes conseguían o segundo gol, sen tempo xa para máis.

Ao final 5-2 e tres puntos máis para o Rúa que permanece invicto. A próxima cita para os de Javi Ferrer será en Barra de Miño.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button