Non é nada habitual que unha vaca traia tres xatos e menos que os tres sobrevivan. Pero estas dúas circunstancias déronse no caso dunha tenreira galega no pobo de Requeixo (Manzaneda), que se puxo de parto o 9 de maio. Ante a sorpresa dos seus propietarios, Toño Basalo e Amelia Bidueira, e do veterinario que controlou o parto, Pablo González Prieto (de Clínica Veterinaria Viana Vet), do ventre da vaca saían tres xatos. “Nos quince anos que levo nesta zona é a segunda vez que vexo un parto con tres tenreiros e é o primeiro caso no que os tres sobreviven”, asegura Pablo González.
Fotos: Carlos G. Hervella
(Máis información na edición en papel do Periódico O Sil de xuño).