ConcellosTrivesÚltima hora

Trives adxudica a obra de adecuación da estrada a Montefurado

Conta cun orzamento total de 60.664,56€ dos que 50.136€ son subvencionados pola Xunta e os restantes 10.528,56€ serán de conta do Concello

Exterior do Concello de Trives./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O Concello de Trives ven de adxudicar a unha empresa local a obra de adecuación da estrada a Montefurado, unha actuación que está previsto que se inicie nos próximos días. Conta cun orzamento total de 60.664,56€ dos que 50.136€ son subvencionados pola Xunta e os restantes 10.528,56€ serán de conta do Concello de Trives promotor, tal e como se informa dende esta administración local.

Trátase de unha primeira actuación que arranca dende Barrio e para mellorar o firme e limpeza deste vial. O Concello de Trives ten previsto proceder ao arranxo completo da vía ata chegar a Montefurado para o que prevén distintas actuacións nos vindeiros anos ata completar a totalidade e adecuar espazos para o ensanchamento da vía en distintos puntos.

Trátase, segundo o grupo de goberno trivés, “dunha obra moi necesaria que ven a dar resposta a unha demanda histórica”.

Artigos relacionados

Back to top button