EconomíaEconomíaEn portadaÚltima hora

Trives logra o certificado da Q de Calidad que outorga o Instituto para a Calidad Turística Española

Oficina de Turismo e exterior do Concello de Trives./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O Concello de A Pobra de Trives vén de anunciar que acaba de lograr, para o turismo o Certificado da Q de Calidad, unha acreditación otorgada polo Instituto para a Calidad Turística Española (ICTE) que constitúe unha das máis prestixiosas certificacións de calidade dentro do panorama nacional.

“Este recoñecemento comporta un aliciente máis no reto emprendido por este equipo de goberno de consolidarnos como un destino turístico de elevado prestixio tras superar todas as auditorías a que nos sometimos no noso compromiso pola excelencia na calidade e consolidando así a aposta polas pequenas e medianas empresas turísticas da nosa vila que están loitando para mantener e crear empleo no sector. O consistorio contribúe con este éxito do traballo levado a cabo durante moitos meses ao posicionamiento da nosa terra como un destino de calidade entrando a formar parte de unha gran comunidade que aposta pola excelencia de acordo aos máis esixentes estándares de calidade”, tal e como informa o Concello trivés.

O ICTE é unha entidade independiente de Certificación de Sistemas de Calidade, sin ánimo de lucro e recoñecida en todo o ámbito nacional. Entre as súas funcións figura a revisión e actualización das normas de calidade turística adaptadas ao mercado, así como a asistencia aos sectores turísticos no desenvolvemento das normas ISO e a él compete o recoñecemento ao esforzo realizado por diferentes axentes turísticos na implantación de sistemas de calidade mediante a concesión do Selo de Calidade Turística Española e a súa marca Q de acordo a unha normativa previamente definida.

“Os cambios constantes da demanda turística, a evolución dos seus gustos hacia esixencias cada vez maiores de calidade, a aparición de novos destinos competidores, leváronnos a procurar a excelencia na materia e a que o Sector Turístico de Trives adopte iniciativas que permitan avanzar na mellora da calidade dos nosos productos e servizos. Na conciencia absoluta desta necesidade, decidimos apostar polo concepto de Calidade Turística iniciando xa durante a pandemia un minucioso traballo que culmina agora con este gran recoñecemento”, indica o grupo de goberno trivés.

Dende o goberno municipal, conclúen, “apostamos pola dinamización turística, para a súa necesaria posta en valor como un valioso recurso para o disfrute de triveses/as e visitantes e también como axente dinamizador da economía local. Un esforzo que, pese ao obrigado parón de casi dous anos pola pandemia mundial, hoxe vese compensado coa obtención de este sello de calidade: un importante paso máis en esta dirección posicionado a Trives como modelo de excelencia turística”.

Artigos relacionados

Back to top button