
O Entroido de Verán é a Mostra de Patrimonio Inmaterial de Trives, de cuxa organización se encarga a Asociación A Caniceira, volverá este verán á vila, tras unha obrigada paréntese de dous anos por mor da pandemia.
Esta celebración desenvolverase na segunda fin de semana de agosto, entre os días 12 e 14. Abrirase cos cantos de taberna e incluirá desfile de folións, feira de artesanía, concertos e billarda, entre outras propostas.
Así o vén de facer público esta entidade cultural trivesa nesta semana a través das redes sociais.