EconomíaEconomíaÚltima horaVídeosViticultura

Túnel do Viño da D.O. Monterrei, na inauguración do Festival Internacional de Curtas de Verín

 

Entre os actos da xornada inagural do Festival Internacional de Curtas (FIC) Vía  XIV de Verín o 8 de setembro figuraba un Túnel do Viño da Denominación de Orixe Monterrei para todos os asistentes. Tiña lugar despois da proxección de “Un viaje hacia nosotros” e nel poñíanse en valor diferentes referencias de brancos e tintos da D.O. En concreto eran 15 brancos e 13 tintos os viños que se podían desfrutar.

 

 

Nesta actividade contábase coa presenza de representantes do Consello Regulador da D.O. Monterrei, entre os que estaba o seu presidente, Jonatás Gago.

 

 

Esta é unha das actividades “concibidas para resaltar os recursos enogastronómicos da comarca incluída dentro da axenda paralela do certame fílmico”, indican dende a organizacion do FIC. Ademais, ao mesmo tempo podía desfrutarse dun concerto de Banda de Garda.

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button