Moisés Pereiro ponse ao fronte no novo proxecto presentado na tarde do 18 de xullo nos Carrís
Cunha “revolución” no vestiario afronta a UD Barbadás a nova tempada. De feito da anterior campaña só continúan seis xogadores e a xunta directiva apostou por Moisés Pereiro, como adestrador. Xogador do Barbadás durante tres temporadas (do 2013 ao 2016), o novo técnico do conxunto da Valenzá está “ilusionado co proxecto e con ganas de comezar a trabllar”.
A primeira sesión da pretempada tiña lugar na tarde do 18 de xullo no campo dos Carrís, despois da presentación do equipo para a sexta tempada en terceira división.