Conta atrás para o desfile de moda co que o estilista e deseñador vianés Jorge De Álvarez celebra a súa década no mundo da moda. Terá lugar a partir das 19:30h. na rúa Toural de Viana do Bolo e estará novamente conducido pola presentadora verinesa Esther Álvarez.
Horas antes, na perruquería de Jorge De Álvarez perruqueiros e maquilladoras afanábanse en preparar aos modelos.
O desfile terá varios pases, entre eles os de Pizpireta do Barco e Joyería Pato de Verín, convidados da gala; e despois un pase de peiteados de voda, outro con dous modelos de cada unha das oito coleccións que leva feito ao longo destes dez anos e por últmo a nova que está ultimando. “Teño pezas do ano pasado que quixen ampliar e niso estou, acabando de coser”, di Jorge, adiantando que por unha tempada deixará de organizar desfiles.
Fotos: O SIL.


