ConcellosÚltima hora

Un atlas para desfrutar dos Miradoiros da Ribeira Sacra

O GDR Ribeira Sacra-Courel presenta este traballo nun acto previsto para o 21 de setembro no Miradoiro da Abadía da Cova, no Saviñao

 

A paisaxe da Ribeira Sacra contemplada dende 44 miradoiros sobre os canóns dos ríos Sil e Miño. É o atractivo contido do “Atlas dos Miradoiros da Ribeira Sacra”, unha publicación (en versión galega e castelán) que busca “dunha forma didáctica achegar a paisaxe da Ribeira Sacra”. A presentación deste libro terá lugar o vindeiro 21 de setembro ás 17h. no Miradoiro da Abadía da Cova, no Lugar A Cova (O Saviñao).

Este volume, realizado dende o GDR Ribeira Sacra-Courel a través do Leader no 2020, vén a darlle continuidade a outros proxectos cos que esta entidade está a contribuír ao apoio á candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade como son, por exemplo, as “I Xornadas Ornitolóxicas no Canón do Sil” (ano 2019) ou, especialmente, o “Workshop internacional: as paisaxes de socalcos olladas dende a Ribeira Sacra” (ano 2019), onde nas reunións de traballo realizadas cos ponentes participantes xurdiu a proposta de elaborar este libro como un proxecto que “axudaría a pór en valor aínda máis a paisaxe característica da Ribeira Sacra, recentemente nomeada sétima Reserva da Biosfera de Galicia, xunto coas Serras de Oribio e O Courel”, indican dende o GDR.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button