Última horaViticultura

Un “Brinde de Rosas”

Roandi presenta o primeiro escumoso rosado de Galicia
Foto: Carlos G. Hervella
Foto: Carlos G. Hervella

Seguindo a estela de Brinde, o primeiro brut escumoso de godello con selo da Denominación de Orixe Valdeorras, a Adega Roandi presenta agora Brinde de Rosas. Con el encétase a elaboración de escumoso rosado en Galicia. “É unha evolución lóxica. Quizais en Valdeorras non haxa tanta tradición de viños rosados, pero, se se colle a tendencia das ventas, vese que os escumosos rosados están triunfando e facéndose un oco no mercado”, explica Gerardo Rodríguez, xerente desta adega de Éntoma (O Barco).

O Brinde de Rosas segue o mesmo proceso de elaboración que o escumoso de godello (pasa nove meses en cova natural, con ausencia de luz e a unha temperatura constante de 11 graos). Nel empregánse tres tipos de uva tinta na mesma proporción: mencía, albarello e sousón. “A mencía non nos proporcionaba a acidez que necesitábamos para este escumoso, entón buscamos ese coupage, esa mestura de variedades con albarello e sousón que si teñen un aporte de acidez maior”, argumenta Gerardo Rodríguez.

Esta primeira produción de Brinde de Rosas que agora sae ao mercado será limitada, tan só 4.000 botellas, e non levará o selo da D.O. Valdeorras xa que “a denominación non ampara aos viños rosados”, matiza o xerente da Adega Roandi. Presentarase o 11 de novembro nun evento en Barcelona promovido por Verema (o maior portal español de viños en internet e un dos máis destacados de Europa).

Texto: Ángeles Rodríguez Foto: Carlos G. Hervella
(A información íntegra pode lerse na edición en papel do Periódico O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button