OurenseÚltima hora

Un condutor que se dirixía ao centro de saúde por picaduras de avespas acaba chocando cunha vivenda en San Cibrao das Viñas

As Urxencias Sanitarias acudiron ao lugar dos feitos.

 

O 112 Galicia vén de informar dun accidente no municipio de San Cibrao das Viñas. “Un home, de avanzada idade, dirixíase ao centro de saúde por mor dunhas picaduras de avespa que sufrira pouco antes. No transcurso da súa viaxe, unha indisposición levouno a saírse da vía e a colidir cunha vivenda en Santa Comba de Gargantós, pertencente ao concello de San Cibrao das Viñas”, tal e como indica o 112 Galicia.

Foi o mesmo implicado o que deu aviso ao 112 Galicia tras sufrir o accidente, ás 11 horas da mañá, polo que inmediatamente se avisou, ademais de a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros do Polígono de San Cibrao das Viñas e aos axentes da Garda Civil de Tráfico.

Artigos relacionados

Back to top button