ConcellosÚltima hora

Un home é trasladado en helicóptero tras ser corneado por unha vaca en Porto (Zamora)

 

A primeira hora desta tarde de 13 de xuño un home de 64 anos resultaba ferido ao ser corneado por unha vaca nunha zona de monte no concello de Porto (Zamora), lindeiro coa provincia de Ourense. Esta persoa era trasladada en helicóptero medicalizado ao Complexo Asistencial de León, segundo vén de informar o 112 de Castela e León.

Unha vez se recibía o aviso arredor das 15h. na sala de operacións do 1-1-2, este alertaba do incidente á Garda Civil (COS) de Zamora, ao Centro Coordinador de Emerxencias (CCE) por ser unha zona de difícil acceso, e a Emerxencias Sanitarias – Sacyl m que enviaba un helicóptero medicalizado e unha ambulancia soporte vital básico.

Artigos relacionados

Back to top button