ConcellosMontederramoÚltima hora

Un home evacuado en helicóptero tras sufrir un accidente de caza en Montederramo

 

Un home sufría feridas de consideración a pasada tarde de domingo en Montederramo nun accidente de caza nunha zona de monte no lugar da Xestosa, segundo informa o 112 Galicia, que tivo “coñecemento dos feitos ao fío das sete da tarde a través dunha persoa particular, que, segundo indicaba na súa chamada, un varón resultara ferido de bala nunha batida na parroquia de San Cosme de Montederramo”.

A partir de aí o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia pasaba o aviso aos “profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizaron un helicóptero medicalizado para atender ao home ferido e no que foi evacuado ao Hospital de Ourense”.

Ademais, para prestar apoio e colaboración ao equipo médico desprazado na aeronave, desde o CIAE 112 Galicia solicitouse a intervención dos axentes da Garda Civil e dos efectivos dos bombeiros do GES de Montederramo.

Artigos relacionados

Back to top button