ConcellosÚltima horaVerín

Un incendio en Queirugás (Verín) leva queimadas unhas 100 hectáreas

Incendio en Queirugas./ Brif Tabuyo.

 

Desde as 15:41 h. desta tarde de mércores está activo un lume na parroquia de Queirugás, no concello de Verín. Segundo as últimas estimacións da Consellería do Medio Rural, a superficie afectada sitúase arredor das 100 hectáreas.

Para o seu control mobilizáronse ata o de agora 4 axentes, 12 brigadas, 7 motobombas, 1 pa, 10 helicópteros e 9 avións.

 

Brif Tabuyo.

Artigos relacionados

Back to top button