OurenseÚltima hora

Un incendio forestal con 7 focos simultáneos afecta ao Parque Baixa Limia-Serra do Xurés

Imaxe de arquivo.

 

A Consellería do Medio Rural informa dun incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Calvos de Randín, parroquia de Randín.

O lume comezou ás 17.08 h. desta tarde e arredor das 20:30h. Medio Rural comunicaba que estaba extinguido. A superficie afectada, segundo as primeiras estimacións, é de 3 hectáreas do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xures. Iniciouse en ata sete puntos simultáneos, todos eles dentro deste parque natural. No seu control participan 2 axentes, 4 brigadas e 1 motobomba.

Artigos relacionados

Back to top button