Mañá de sucesos na provincia de Ourense. Unhas horas despois do accidente mortal en Viana do Bolo producíase un incendio urbano na Rúa.
Pouco antes das dúas da tarde deste xoves 31 de outubro saltaba o aviso no 112 Galicia dun incendio na Residencia da Terceira Idade N. S. de Fátima, no centro da vila. Ata o lugar dos feitos desprazábanse os bombeiros do parque comarcal, membros de Protección Civil da Rúa, a Policía Local da localidade e membros da Corporación Municipal, así como unha ambulancia do 061.
A orixe do incendio era un televisor que ardía, tendo que evacuar aos residentes para proceder á ventilación do edificio.
Fotos cedidas.