Mel Veiga Florida de Maribel García Porto lograba a medalla de prata na categoría de monoflorais na XVII Cata dos MelesA valdeorresa Maribel García (á dereita da imaxe), recollendo a medalla de prata da XVII Cata dos Meles de Galicia.
Ata cinco distincións recaían na provincia de Ourense na XVII Cata dos Meles de Galicia, cuxos galardóns se entregaban o 18 de decembro en Santiago. Unha delas recaía no mel valdeorrés Veiga Florida da ruesa Maribel García Porto, que lograba a medalla de prata en meles monoflorais. Nesta mesma categoría o mel Enxebre de González Carballa SL facíase co bronce.
No apartado de multiflorais, o mel O Garabulleiro de Carlos González (Ourense) acadaba tamén o bronce, mentres que en cuarta posición quedaba Abella do Blas, de Blas González (Vilar de Barrio), e na sexta Enxebre de González Carballal (Ourense).
Usamos cookies no noso sitio web para proporcionarlle a experiencia máis relevante lembrando as súas preferencias e repetindo visitas. Ao facer clic en "Aceptar", acepta o uso de TODAS as cookies.
Este sitio web usa cookies para mellorar a súa experiencia ao navegar polo sitio web. Destas cookies, as cookies que se clasifican como necesarias almacénanse no seu navegador, xa que son esenciais para o funcionamento das funcionalidades básicas do sitio web. Tamén empregamos cookies de terceiros que nos axudan a analizar e comprender como usa este sitio web. Estas cookies gardaranse no seu navegador só co seu consentimento. Tamén ten a opción de optar por non recibir estas cookies. Pero a desactivación dalgunhas destas cookies pode afectar a súa experiencia de navegación.
As cookies necesarias son absolutamente esenciais para que o sitio web funcione correctamente. Esta categoría só inclúe cookies que garanten as funcionalidades básicas e as funcións de seguridade do sitio web. Estas cookies non almacenan ningunha información persoal.