OurenseÚltima hora

Un neno, rescatado despois de caer nun pozo en Barbadás

 

Arredor das doce e media deste mediodía o 112 Galicia recibía un aviso alertando de que un neno caera a un pozo de auga situado nunha casa en Barbadás, concretamente no lugar de Bentraces, e de que o menor estaba suxeito nunha esquina estreita do pozo.

De xeito inmediato, os xestores do CIAE 112 Galicia solicitaron a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, do Servizo Municipal de Protección Civil, da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Barbadás, dos Bombeiros de San Cibrao das Viñas, da Policía Local, da Garda Civil e do GES do Pereiro de Aguiar. Ademais, desde o 112 Galicia púxose en alerta aos Bombeiros de Ourense e ao Grupo de Apoio Loxístico da Axencia Galega de Emerxencias.

Ademais, segundo a información recollida e feita pública polo 112 Galicia, “os membros de Protección Civil de Barbadás sacaron ao neno do interior do pozo, un pouco magoado e asustado, pero en bo estado de saúde”.

Artigos relacionados

Back to top button