ConcellosO BarcoÚltima hora

Un par de cabras soltas polo Malecón do Barco sorprenden aos viandantes

 

As persoas que este mediodía camiñaban polo Malecón do Barco atopábanse cunha sorpesa: un par de cabras que estaban tamén desfrutando dun paseo con total tranquilidade. Mesmo alguén chegou a pensar que formaban parte dun espectáculo das festas do Cristo, que precisamente comezan esta tarde na vila.

Os viandantes avisaron á Policía Local, segundo nos informan, que está tratando de localizar ao propietario dos animais. Agradecemos a cesión destas imaxes a este medio de comunicación para poder compartilas.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button