Artesanía (coiro, madeira, lousa,…), bixutería e artigos de decoración, plantas, gastronomía (queixos mel, embutidos, postres caseiros,…), licores e por suposto viño de Valdeorras.
Durante a fin de semana as empedradas e decoradas rúas do casco vello de Petín enchéronse de postos para dar vida á Feira de 1812. Unha data que nacía para conmemorar a Constitución das Cortes de Cádiz e a revelión petinesa que impedía o avance das tropas napoleónicas en terras valdeorresas, que este ano acadaba a XI edición.
A feira comezaba o venres coa IV Cea Popular e continuaba o sábado co pregón de Chavito a apertura dos postos e o concerto de Gin Toni’s. E xa na tarde-noite deste domingo 23 de xuño baixará o pano tras unha calurosa xornada.
Fotos: Mónica G. Bellver.
Máis información, fotos e vídeos en:



