A deste domingo é a última das tres xornadas da XVII Feira do Viño de Monterrei, que está a congregar a numerosas persoas na Alameda de Verín. Alí está instalado o seu recinto feiral no que poden catarse os viños de 19 das 29 adegas desta denominación de orixe: Adega Ladairo, Gargalo, Valderello, Crego e Monaguillo, Quinta do Buble, Terras do Cigarrón, Triay, Adega Tapias Mariñán, Fragas do Lecer, Via Arxentea, Adega Abeledos S.L., Setembro, Adega Franco Basalo, Adegas Daniel Fernandez, Adega Trasdovento, Adega Quinta Soutullo, Manuel Vázquez, Serra de Alén e Ramón Bigotes.
demais das casetas das adegas, estarán presentes postos gastronómicos aptos para todos os gustos (A Alacena para levar, Panadería Roscas, Cárnicas de Feces, Matilde Waffles e Gelados, Alacena-Poboa de Sanabria, Xamóns Don Francisco, Conservas Regiomare, Queiseria Gaia, Xavier dúas Leitões e Casa do Polbo).
O progama desta mostra compleméntase con diversas actividades e tamén con actuacións musicais.
Fotos: O SIL.