CulturaCulturaÚltima hora

Un persoal percorrido pola obra de Xela Arias da man de Atenea García, no Barco

 

A través da palabra, narrada e recitada, pero tamén botando man doutras linguaxes escénicas, Atenea García (Xarope Tulú) desenvolvía a súa proposta “De ti e mailo mundo que apañes”, un singular e persoal percorrido pola figura e a obra de Xela Arias, na praza Andrés de Prada do Barco.

A través dos versos Atenea García ía achegando ao público á obra poética da autora homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas, pero tamén incidía na súa faceta como tradutora, con alusións directas e agradecidas como a do libro “Contos ao teléfono” de Gianni Rodari, que “sempre levo comigo”, dicía a actriz. Así mesmo tocaba a faciana de Xela Arias como narradora.

 

 

Este espectáculo, incluído na programación do Concello do Barco polas Letras Galegas, é obra da propia intérprete, que conta no deseño gráfico e utilería: Nicolás Zamorano. A outra proposta de narración oral incluída no programa virá da man do actor vigués Avelino González, con “A todo Risco” (sobre o autor Vicente Risco e a Xeración Nós). A súa actuación prevista para o mércores 19 de maio ás 20h.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button