
Na tarde deste sábado 7 de agosto un renovado CD Barco que comezaba a pretempada hai apenas cinco días, tiña previsto disputar o primeiro partido amigable contra o Ourense CF, pero non vai poder ser. Un positivo por Covid no conxunto vermello obrigaba a suspender o encontro. Así o comunicaba o club nas redes sociais nun breve comunicado.
Trátase do primeiro positivo no equipo detectado en máis dun ano e medio de pandemia, pois malia que hai xogadores que pasaron a enfermidade, non estaban co equipo cando se contaxiaron.