ConcellosÚltima hora

Un proxecto aposta por declarar a Mascarada de Viana e Vilariño como Patrimonio Inmaterial da Humanidade

Así o vén de anunciar a Deputación de Ourense, tras unha reunión do seu presidente cos rexedores de destes dous municipios

 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reuniuse no Pazo Provincial coa alcaldesa de Vilariño de Conso, Melisa Macía e o alcalde de Viana de Bolo, Andrés Montesinos. Neste encontro de traballo avanzouse na candidatura conxunta para conseguir a declaración da Mascarada Ibérica coma Patrimonio Inmaterial da Humanidade. Manuel Baltar garantiu o apoio total da Deputación de Ourense a este proxecto.

O goberno provincial reforzou o apoio económico ao Festival Internacional ViboMask Ibérica. Nesta VII edición participarán preto de 40 festas de inverno de España, Portugal e Italia.

As actividades comezan mañá cunha conferencia no IES Carlos Casares de Viana de Bolo, municipio que acollerá pola noite unha foliada. Na fin de semana, as actividades repartiranse entre Viana e Vilariño de Conso, con concertos, teatro, exposicións, mercado de produtos locais e artesanía.

Mellora da OU-0908

O presidente da Deputación e os alcaldes de Vilariño de Conso e Viana de Bolo tamén abordaron nesta xuntanza a mellora da OU-0908, a estrada que une ambos municipios. O proxecto incluiría, entre outras liñas de actuación, a apertura de curvas e a mellora da pavimentación.

Artigos relacionados

Back to top button