ConcellosO BarcoÚltima hora

Un Samaín de medo na Biblioteca do Barco, na noite do 31 de outubro

Imaxe dunha edición anterior do “Samaín na Biblioteca” do Barco./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Un ano máis, a Concellería de Cultura do Concello do Barco organiza o “Samaín na Biblioteca” con xogos, talleres e historias de medo. Celebrarase na Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán, na noite do 31 de outubre ao 1 de novembro, dirixidas a nenos de entre 9 e 12 anos aos que se recomenda que se acheguen disfrazados xa que “está previsto que haxa sorpresas para os mellor ataviados”.

As prazas están limitadas a 25 nenos e nenas, que deberán inscribirse previamente cubrindo este Formulario. As inscricións, totalmente de balde, deberán realizarse na propia biblioteca, no horario habitual de apertura, e as prazas cubriránse por rigoroso orde de entrega.

 

 

As actividades comezarán ás 20 horas e incluirán xogos tradicionais do día de Samaín, talleres de cabazas e un escape room moi divertido e con moitas sorpresas. Os participantes poderá cear e almozar na propia biblioteca, sendo únicamente necesario que leven saco de durmir e esteira para pasar a noite. “Quen prefira durmir na casa, poderá asistir ao escape room, que se celebrará entre as 20 e as 22 horas. Os que durman na biblioteca deberán deixar a instalación entre as 9 e as 10 da mañá do día 1 de novembro”, puntualizan dende o Concello.

 

Artigos relacionados

Back to top button