O túnel da Barosa na N-120, entre Valdeorras e O Bierzo (León) permanecerá pechado entre as 23:00 horas do xoves 11 de maio e as 04:30 horas do venres 12 de maio de 2023. Será por un simulacro de actuación e coordinación entre todos os servizos implicados (servizos de emerxencias, bombeiros, sanitarios, Garda Civil, xestor do túnel, Protección Civil…), ante un sinistro que implicaría a extinción dun incendio e a evacuación de feridos e de usuarios do túnel da Barosa, na estrada N-120 (termo municipal de Carucedo en León e Rubiá en Ourense).
Durante a preparación e realización do simulacro estableceranse desvíos de tráfico para garantir a seguridade dos usuarios e dos servizos de emerxencia. O tráfico na estrada N-120 desviarase e os cortes estarán activos entre as 23:00 horas de mañá xoves 11 de maio e as 03:30 horas do venres 12 de maio de 2023. Os desvíos e cortes estarán debidamente sinalizados, segundo informa o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (Mitma).
O incidente simulado consistirá nunha colisión entre un vehículo pesado e un turismo, con necesidade de excarceración e un incendio que se simulará mediante a utilización dunha máquina de fumes quentes e botes de fume.
Afectación ao tráfico
Para a realización do simulacro efectuarase un corte total da N-120 entre os kms 436 ao 440, con aviso de corte en sentido León na N-120 km 454 e a OU-622 km 1 á altura do municipio do Barco de Valdeorras, o itinerario alternativo establécese pola N-536.
Corte de tráfico N-120 km 436 (Sentido Ourense)
O tráfico da estrada N-120 en sentido Ourense desviarase pola LE-6204 cara a N-536 no km 436 á altura do paso superior da Barosa.
Aviso corte de tráfico N-120 km 436 (sentido Ourense)
Na intersección entre a LE-6204 e a N-536 colocarase un cartel avisando do corte de tráfico da N-120 sentido Ourense.
Corte de tráfico parcial N-120 km 454 e OU-622 km 1 (sentido León)
Realizarase un corte de tráfico na N-120 km 454 no que se avisará do corte total da N-120 entre o km 440 e o km 436, dando paso aos vehículos que teñan como destino un punto intermedio entre o km 454 e o km 440. Do mesmo xeito, procederase cos vehículos que circulan pola OU-622 km 1 sentido León.
Corte de tráfico N-120 km 440 (Sentido León)
Realizarase na boca do túnel de Covas ao lado Ourense un corte total ao tráfico, desviando aos vehículos que chegasen a ese punto cara á N-536.
Corte de tráfico N-120 km 438 (Sentido León)
Contarase con persoal da empresa explotadora na intersección da N-120 km 438 para evitar a entrada ao simulacro de vehículos procedentes do pobo de Covas, redirixíndoos facía a N-120 sentido Ourense.
Fotos: Carlos G. Hervella.