OurenseÚltima hora

Un traballador resulta ferido nun accidente en Cartelle

 

Arredor das 15:45 horas desta tarde producíase un accidente laboral no lugar de Madarnas, no municipio ourensán de Cartelle. “Segundo a información facilitada aos xestores de emerxencias polos profesionais sanitarios, un operario caeu dunha altura duns catro metros mentres arranxaba un tellado”, indica o 112 Galicia, que mobilizou aos axentes da Garda Civil e aos membros de Protección Civil de Cartelle e da Mancomunidade Terras de Celanova. Finalmente, o traballador foi evacuado en ambulancia.

Artigos relacionados

Back to top button