ConcellosTrivesÚltima hora

Un vehículo con 2 persoas necesita suxeición para evitar caer por un terraplén en Trives

Imaxe de arquivo.

Un guindastre e unhas cordas para a suxeición evitaron que un coche con dúas persoas a bordo caese por un desnivel, tras saírse da vía na OU-636, en Mendoia, na Pobra de Trives. O vehículo quedou apenas suspendido pola varanda de seguridade, segundo vén de informar o 112 Galicia.

“As persoas que viaxaban no interior estaban liberadas e accesibles, pero era imposible sacalas do vehículo sen correr o gran risco de caer polo terraplén. De feito, en canto os servizos de emerxencias lograron suxeitar o coche, simplemente foi necesaria a apertura das portas para que os ocupantes puidesen saír”, explica o 112 Galicia.

Para a atención dos afectados, o persoal do 112 Galicia solicitou a intervención dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos membros do GES de Castro Caldelas, dos Bombeiros de Valdeorras, dos voluntarios de Protección Civil de Pobra de Trives e dos axentes da Garda Civil. Este operativo puido desenvolverse grazas á chamada ao 112 dunha persoa particular cando estaban a piques de dar as 13:30 horas de hoxe.

“Quen contactou co servizo de atención telefónica ás emerxencias detallou que o vehículo apenas estaba suxeito pola varanda de seguridade da vía e un simple movemento podería resultar fatal para as persoas que estaban dentro. Así, cando chegaron os efectivos de emerxencias, en primeiro lugar o GES de Castro Caldelas, procederon a amarrar o coche cunhas cordas e, despois, cun guindastre, lograron estabilizar o vehículo ata a chegada dos bombeiros, que sacaron as persoas do interior”, segundo o 112 Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button