ConcellosÚltima hora

Una expedición de 50 rapaces de Verín coñecen a natureza no Parque Natural do Invernadoiro

Foto de grupo da expedición.

Unha expedicición de 50 rapaces, con idades comprendidas entre os 8 e 11 anos, participan dende hoxe, 21 de agosto, ata o 26 de agosto no campamento do Parque Natural do Invernadoiro 2017.

Devandita iniciativa, organizada a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín, ten como obxectivo que os cativos coñezan a natureza, impulsar o respecto pola natureza mediante actividades lúdicas e educativas, coñecer a importancia do reciclaxe e a convivencia entre eles e co entorno.

Por este motivo, e co fin de recibir unha educación ambiental que lles incentive o respecto e conservación da fauna e flora, realizarán, a través do xogo e a diversión, rutas de sendeirismo guiadas por un biólogo polas distintas zonas de interese do Parque Natural do Invernadoiro; tamén actividades de tempo libre, socioculturais, recreativas, formativas e de convivencia.

O día 26 regresan e sube outra expedición de 35 rapaces con idades comprendidas entre os 12 e 15 anos que estarán no Parque Natural do Invernadoiro ata o día 31 de agosto.

 

Artigos relacionados

Back to top button