EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Unha concorrida cata abre o programa da XLII Feira do Viño de Quiroga

O acto inaugural da mostra terá lugar ás 11:45h. do sábado 30 de marzo e nela participan 14 adegas

 

O programa central da XLII Feira do Viño de Quiroga poñíase en marcha na tarde deste Venres Santo, 29 de marzo, cunha “Cata de viños da Ribeira Sacra” que rexistraba unha gran participación. De feito esgotábanse todas as prazas dispoñibles. A cata corría a cargo de Fernando González Riveiro (Adega Algueira).

Xa pola noite, ás 22h. está prevista a actuación musical de Mario Colomán & The Clocks Band. O programa intesificarase o sábado, 30 de marzo, co concurso de camisetas da “Feira do Viño 2024” e ás 11:30h. co XV Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas “Memorial Muíño”, que incluirá un desfile de bandas pola rúa Real e logo actuacións das bandas.

Xa ás 11:45h. procedarase ao acto inaugural do recinto feiral por parte dos membros do grupo de goberno quirogués e o público poderá visitar as casetas das 12 adegas participantes para degustar unha gran cantidade de viños. Son as seguintes: Alma das Donas, Algueira, Atrium Vitis, EDV Viticultores, Alvaredos –Hobbs, Lar de Ricobao, Ponte da Boga, Rectoral de Amandi, Casa de Outeiro, Val de Quiroga, Adega Gullufre, Pazo de la Cuesta e Adamare Wines. Ademais da adega invitada que este ano ven dende a D.O. Valdeorras: Alan de Val.

Pola tarde, ás 20:30h. terá lugar o pregón que nesta edición correrá a cargo da sindicalista Afra Blanco. Afra naceu en Barcelona pero os seus pais son quirogueses, polo que sempre estivo ligada a este municipio. É coñecida sobre todo polas súas colaboracións en mesas políticas dos programas Espejo público (Antena 3), Al rojo vivo (La Sexta) e sobre todo La Sexta Xplica. Afra Blanco tamén será a encargada de escoller aos gañadores do tradicional concurso de camisetas.

Fotos: Concello de Quiroga.

Artigos relacionados

Back to top button