EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Unha experiencia para mergullarse na olivicultura na Ribeira Sacra

A empresa valdeorresa Enoturismo Galicia lanza a actividade "Gustaríache ser olivicultor por un día na Ribeira Sacra?"

 

Será un xornada “entre oliveiras e aceites da Ribeira Sacra” na que se convida ao visitante a mergullarse na cultura olivareira galega. A empresa Enoturismo Galicia lanza un outono máis a proposta “Gustaríache ser olivicultor por un día na Ribeira Sacra?”. Trátase dunha viaxe interactiva onde os adultos e os nenos aprenden de onde procede o aceite, como se coidan as oliveiras e como se transforma a oliva en aceite de forma natural.

“Seredes partícipes de todo o proceso que ten a oliva: recolección, limpeza, criba… Daremos un paseo polos oliveirais a medida que imos escoitando as explicacións sobre as partes da oliveira, variedades, cultivo….. Participaremos na recollida da oliva co varexo”, adiantan dende Enoturismo Galicia.

Despois “dirixirémonos a almazara, explicando o proceso produtivo do aceite, tales como prensas, depósitos de decantación e almacenamento…. logo cátase o aceite acompañado de pan da zona”, engaden.

Tamén se incluirá a visita a un antigo muíño de aceite e finalizarase coa visita a un obradoiro de artesanía en madeira de oliveira, con explicacións do proceso produtivo, a maquinaria, demostración e torneado. “Despois dirixirémonos á tenda de artesanía onde nos explicasen a tornería en madeira de oliveira e características da madeira”.

DATAS: 2 e 3 de Novembro

HORARIO: 10:00 a 14:00 horas
PREZO: 26 €/ Adulto , 10 €/ nenos de 7 a 12 anos . Nenos menores de 7 anos gratis
POSIBILIDADE DE ENGADIR UNHA COMIDA NUN RESTAURANTE DA ZONA (Grupo mínimo de 10 persoas)

Prezo: 40 €/ Adulto (Actividade + comida)

Prezo: 30 €/ Nenos de 7 a 11 anos (Actividade + comida)
Inclúe guía acompañante

Información e reservas:
https://www.enoturismogalicia.es/es/rutas/aceitunero-por-un-dia-en-ribeira-sacra-113

Back to top button