CulturaCulturaÚltima hora

Unha mostra reúne o traballo realizado nos talleres de estimulación cognitiva do Barco

Abríase esta tarde ao público na Casa do Río Cigüeño co título "Fiando (a) memoria"

 

Fotografías (algunhas antigas e outras actuais), mapas, debuxos e mesmo caretas. A través de multitude de materais e contidos a exposición “Fiando (a) memoria” propón un percorrido polo labor realizado ao longo do último ano polas participantes nos talleres de estimulación cognitiva “Fiando (a) memoria”, organizados polo Concello do Barco e impartidos por Outonía Coop. A mostra abríase esta tarde ao público nun acto que contaba coa presenza do alcalde en funcións do Barco, Alfredo García, e do concelleiro en funcións de Servizos Sociais, Orlando Saavedra.

 

 

Nesta iniciativa participaban unhas 40 persoas, dividada en 4 grupos e traballaban arredor doutros tantos temas. O do Barco reflexionou sobre a importancia dos talleres de memoria como espazos de encontro, Veigamuíños realizou unha cartografía textil, Éntoma traballou sobre o Entroido e Viloira a súa vinculación co río e a memoria da auga. Todos os traballos poderán verse nesta exposición.

“Poderá visitarse ata mediados de xullo e unirase coa exposición de traballos do proxecto Merendoiro”, adianta Orlando Saavedra.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button