CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Unha nena de 4 anos do Barco, Dara Emiliana, ganadora do concurso de postais de Nadal do COPOGA

A outra ganadora do certame é unha rapaza de 8 anos de Rábade, Area

Debuxo de Dara Emiliana, do Barco.

 

O Colexio de Podólogos de Galicia (COPOGA) vén de fallar o seu concurso de postais de Nadal, un certame que celebra este ano a súa quinta edición para que os máis pequenos da casa comecen a prestar atención aos seus pés e a coñecer máis sobre o seu coidado. O concurso, dirixido a nenos e nenas de entre tres e oito anos, contou coa participación de 165 propostas nas que os pés e os detalles do Nadal foron os protagonistas.

Area, unha nena de oito anos natural de Rábade e participante na categoría de 7-8 anos, e Dara Emiliana, outra nena de catro anos do Barco de Valdeorras e participante na categoría de 3-6 anos, gañaron o certame e os seus debuxos formarán parte da postal do Nadal do COPOGA.

O debuxo de Area recrea unha casa, pero cunha base en forma de pé, con todos os adornos típicos do Nadal, como a árbore coa súa estrela e bólas de cores, os calcetíns de Papá Noel, e mesmo unhas pisadas que poden ser do mesmo Santa Claus ao baixar pola cheminea para deixar os seus agasallos… A creación de Dara Emiliana ten tres claros protagonistas, a árbore de Nadal, un reno e un boneco de neves, todos eles creados en base á forma do pé.

As creadoras das dúas postais gañadoras recibirán de obsequio unha caixa regalo dunha “Estancia familiar + Actividades e Parques temáticos”, onde poderán elixir entre os máis de 500 hoteis con actividades familiares e entradas a parques temáticos de España, Andorra e Portugal. Ademais, todos os participantes recibirán de agasallo un yoyó.

 

Debuxo de Area, de Rábade.

Artigos relacionados

Back to top button